¡Soia! Follas Novas Comentario
¡Soia! Eran craro-los días, risoña-las mañáns, i era a tristeza súa negra coma a orfandá. Íñase á mañecida, tornaba coa serán...; mais que fora ou viñera ninguén llo iña a esculcar. Tomóu un día leve camiño do areal... Como naide a esperaba, ela non tornóu máis. Ó cabo dos tres días, botóuna fora o mar, i alí onde o corvo pousa, soia enterrada está. “Do intimo” , Follas novas (1880) Situámonos ante o poema de Rosalía de Castro "¡Soia!", de Follas Novas , o segundo poemario en galego da autora, publicado no ano 1880. O poema inclúese na segunda parte, titulada “Do íntimo”, e xunto con “Vaguedás”, a primeira, reúnen a poesía máis subxectiva da autora. Trátase dun texto breve, 16 versos heptasílabos de rima asonante nos pares, agrupados en 4 estrofas de 4 versos cada unha. O título “¡Soia!" adiántanos o tema principal do texto, a soidade dunha muller que non lle importaba a ninguén. Como temas secundarios observamos o desinterese da