A violación. Artigo de opinión Teresa Barro. Comentario crítico
A violación Para xulgar a violación é preciso entender de onde provén e a que responde. A violación xorde das ideas supremacistas que se teñen do que son as mulleres e para que son, e úsase tamén para castigar, torturar e amedrontar. A violación é como matar e torturar: é reducir un ser humano a nada. Nas guerras é unha das armas que se usan para aterrorizar, asoballar e aldraxar. Pero non se toma en serio porque forma parte do sistema patriarcal e do supremacismo que ese sistema impón. O patriarcado decretou que o varón tiña superioridade nata sobre a muller, que a muller nacía para servilo e glorificalo, e que sen el non era nada, nen muller sequera. A muller e os fillos son propriedade do patriarca e os varóns teñen direito a posuir ás mulleres e ¨facelas deles¨. Na mentalidade supremacista criada polo patriarcado, os violadores fanlles un favor ás mulleres que violan, poisque lles ensinan a seren mulleres e fannas sentir o que elas queren sentir e só eles lles poden dar. Na