Mensagens

A mostrar mensagens de maio, 2020

COMENTARIO LITERARIO ADAPTADO A 3º E 4ºESO

Imagem
0. Recomendacións previas, lectura e compresión do texto É de vital importancia entender o que estás lendo. Se é preciso, terás que lelo dúas ou tres veces . Recoméndoche buscar no dicionario o que non entendas porque pode haber palabras con significados connotativos. Cando saibas cal é   a idea xeral e sexas quen de indicar de que trata o texto, xa podes comezar o comentario.  É importantísimo que o numeres (normalmente faise de 5 en 5), porque á hora de apoiar o que fagades con exemplos, debes indicar onde están. 1. Introdución. Localización do texto Trátase de localizar o fragmento ou o texto en función dos seguintes parámetros: ·         Autor . Ás veces sabemos o nome do autor e da obra porque aparecen ao final do texto. Se non é así tes que identificalos mediante os trazos característicos da linguaxe, a temática , as personaxes… Cando temos identificado o autor, faise unha breve mención dos datos biográficos ou da obra que sexan relevantes para comentar o texto.

A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847. Comentario crítico contexto Rexurdimento

Imagem
A revolta das mulleres galegas contra a fame en 1847   Foi un conflito de subsistencias no marco dunha crise xeral do sistema capitalista. Porén, na Galiza non se pode disociar das vagas sociais de fondo ligadas aos núcleos provincialistas, aínda activos após a derrota da revolución de abril de 1846. O capítulo galego da recesión mundial de 1847, aquela que analizou Karl Marx nun apartado dos 'Grundisse', testou máis unha vez o papel decisivo das mulleres na organización e dirección da protesta social. A Coruña, nun gravado francés de 1850 Acrise de 1847 na Galiza expresouse nun problema de subsistencias, ao dispararse o prezo dos cereais como consecuencia dunha caída da produción, dun aumento das exportacións para un mercado europeo con dificultades de abastecemento e dunhas prácticas co

Os escravos galegos en Cuba en 1854: “Traballan como dous negros”. Comentario crítico, textos relacionados co Rexurdimento

Imagem
Os escravos galegos en Cuba en 1854: “Traballan como dous negros” A mediados do século XIX, saíron de Galicia centos de galegos para converterse en escravos. Aproveitando a fame que vivía o país, o empresario Urbano Feijoo creou unha compañía para levar á Habana xornaleiros para traballar no ferrocarril e nas plantacións de azucre baixo condicións inhumanas . O obxectivo era ‘branquear’ Cuba, repoboándoa de galegos, que facían “o mesmo traballo que dous negros, ao prezo dun só escravo”. Urbano Feijoo Sotomayor nacera en Viana do Bolo en 1798, pero foi en Cuba onde fixo fortuna. Grazas ás súas boas relacións, chegou a administrar alí cinco enxeños azucreiros , tres cafetais e varias facendas. Tamén foi accionista do ferrocarril de Sagua. Urbano Feijoo. Ademais, en 1854 foi elixido deputado en Cortes pola circunscrición de Ourense , dentro do Partido Liberal. Foi ese ano no que puxo en marcha a súa empresa, movido segundo dicía polo seu “ filantrópico pensamen

TEXTOS ROSALÍA COMENTARIO LITERARIO Follas novas

Aquí vos deixo textos de Rosalía de Follas novas Tamén vos animo a ler a obra e para iso,déixovos dous enlaces á obra íntegra:  Edición da biblioteca Galiciana Edición de 1943   Basta unha morte Cala, can negro, n'ouvees á porta de quen ben quero; corvos, non voés por riba do sobrado onde está enfermo; co teu resprandor, Compaña, vaite, non lle poñas medo. Si é que queres que alguén morra, eu sei dun san que contento por el déravo-la vida e irá convosco ós infernos. Viúvas dos vivos, viúvas dos mortos, Follas Novas 1880 A xustiza pola man   Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,