Mensagens

A mostrar mensagens de maio, 2022

O VERBO II

Imagem
 O VERBO II ( cotovia.org ) A conxugación verbal Como xa dixemos, os verbos son palabras variables e, polo tanto, empregámolas combinando os distintos morfemas para poder expresar todas as posibilidades significativas de tempo, modo, número, persoa e aspecto. Á hora de establecermos a combinación entre os lexemas e mais os distintos morfemas, é dicir, á hora de conxugalos, distinguimos en realidade, tres grupos de verbos: Os verbos regulares : fórmanse sempre unindo ao lexema as desinencias modo-temporais e numero-persoais dun verbo patrón. Os verbos semirregulares : trátase de verbos que, sendo regulares na maior parte das súas formas, presentan algunhas particularidades que afectan á acentuación ou ao cambio dalgunhas vogais no presente de indicativo. Os verbos irregulares : presentan variacións que afectan maioritariamente ao lexema e nalgúns casos tamén ás desinencias.   A conxugación dos verbos regulares.   A maioría dos verbos da lingua conxúganse de forma regular polo que, saben

O VERBO I

Imagem
  O VERBO I ( cotovía.org )  Introdución Un dos tipos de palabras que máis rendibilidade ofrece á hora de construírmos os textos é o verbo. O verbo é a palabra que empregamos para contar as cousas que suceden ou que imaxinamos e tamén para falar dos nosos sentimentos ou das nosas necesidades e iso é, en definitiva, o que facemos cando falamos de nós ou cando relatamos algún feito propio ou alleo. Por suposto, o que expresemos co verbo depende do significado que ese verbo teña, pero máis alá do seu significado particular ( andar, beber, decidir, rabear... ) todos teñen en común o feito de que se refiren a unha acción, a un estado ou a un proceso e que ademais achegan outros significados, como o tempo no que transcorre ese feito ( Canto moi ben/ Cantei moi ben onte no festival ) ou se é unha realidade ou é un desexo  (Cantarei moi ben/ Oxalá cante ben no festival ), por exemplo. O verbo é un tipo de palabra variable que serve para expresar accións, estados ou procesos .     Os compoñente