O XÉNERO LÍRICO
O xénero lírico I (cotovia.org) Introdución Xa falamos abondo noutras unidades dos textos escritos en prosa, imos falar agora de poesía. Somos conscientes de que a algúns vos asusta esta palabra, que dicides que non vos gusta ler poesía e que ademais non a entendedes. Se cadra tedes algo de razón pero ao mellor non tanta como pensades... non vos gustan as letras das cancións?, pois poesía son... O xénero lírico é o xénero das emocións por excelencia . Cando alguén escribe un texto poético faino para expresar os seus sentimentos (amor, rabia, desesperanza, placidez... os que sexan) e, polo tanto, resultan textos moi subxectivos o que, certamente, dificulta a lectura porque non sempre nos é doado comprendermos as emocións dos demais... Mais a boa poesía consegue que o lector comparta e faga seus os sentimentos que se transmiten no texto. Por outra banda, tamén é certo que moitas veces nos textos poéticos empréganse recursos