Mensagens

A mostrar mensagens de abril, 2020

OS MAIOS

Imagem
Aí vén o Maio de flores cuberto!   Neste artigo do diario en galego Nós   tedes máis información sobre as orixes desta festividade. Para saber dos Maios na nosa cidade, déixovos esta información da páxina do concello E por se hai alguén interesado en ampliar coñecementos, aquí está o enlace á Wikipedia . Por outra banda, se hai un poeta galego do que se fala cando chega esta data é Manuel Curros Enríquez, autor do poema "O Maio" que forma parte de Aires da miña terra . Do mesmo xeito que Rosalía e Pondal, Curros é un dos grandes do Rexurdimento, e este texto que aquí vos deixo reflite moi ben o seu espírito. A Curros gustáballe moito reivindicar xustiza e pórse de lado do pobo, por iso este poema é tan especial, parece que estamos ante un texto costumista que nos vai falar dunha tradición festiva pero pouco a pouco, vemos como a temática que emerxe é a social. Fixádevos como denuncia todos e cada un dos males que atacan á clase traballadora. O MAIO Aí vén o maio